O Concello de Vigo colaborou no financiamento dos gastos de contratación e fomento do emprego da asociación e da inserción laboral, o fomento do emprego, do asociacionismo e da participación cidadá.
Instalectra, a través do Plan de Emprego do Concello de Vigo 2019, selecciona:
1 ENXEÑEIRO/A TECNICO/A INDUSTRIAL NA RAMA ELECTRICIDADE/A Os Requisitos xerais son: • Estar empadroado en Vigo antes do 01/01/2018. • Estar Inscrito/a como demandante de emprego no SPEG. • Posuír o perfil para o posto solicitado • Estar en posesión dunha titulación universitaria para o posto solicitado • Coñecementos de elaboración de MTD e Proxectos • Coñecementos de eficiencia enerxetica • Coñecementos en Autocad Prazo de remate de recepción de curriculos: 15 de maio de 2019 As persoas interesadas que cumplan cos requisitos poden enviar o seu curriculo a instalectra@instalectra.org, ou entregalo nas nosas oficinas situadas na Rúa Príncipe 22, 5ºpranta, Vigo.O Concello de Vigo colaborou no financiamento dos gastos de contratación e fomento do emprego da asociación e da inserción laboral, o fomento do emprego, do asociacionismo e da participación cidadá.
A “Secretaría Xeral de Emprego” da Consellería de Economía, Emprego e Industria, outorgou unha subvención a INSTALECTRA por importe de 12.144,79 € para a contratación de un "Enxeneiro Técnico Industrial na rama de electricidade" para a realización do servicio de "Oficina de información e apoio ao instalador".
Esta axuda está cofinanciada nun 91,89 % polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil a través do “Programa Operativo de Emprego Xuvenil”, e está destinada a sufragar os custos salariais e da cotización empresarial da seguridade social derivada de dito salario. As actuacións que se van a realizar son: • Informar e asesorar sobre as instalacions electricas e telecomunicacións. • Dinamizar e xerar novas actividades empresariais no sector das instalacións mediante a incorporación de novas tecnoloxías como son a eficiencia enerxética, contribuíndo á mellora e profesionalización do instalador. • Consolidar actividades emerxentes relacionadas cos novos xacementos de emprego e a de alternativas de desenvolvemento nas empresas existentes. • Apoiar todo tipo de iniciativa empresarial. • Informar e formar de xeito personalizado ás empresas respecto as novas tecnoloxías. Consideramos que é moi importante a figura dun ENXEÑEIRO TÉCNICO INDUSTRIAL NA RAMA DE ELECTRICIDADE para que poida resolver todas as dúbidas que lle van xurdindo a diario ao instalador, xa que non podemos esquecer que o tecido empresarial galego está composto no noso sector por un 65% de microempresas ás que lle resulta moi complicado incorporar aos seus persoais un técnico competente que lles clarifique as dúbidas regulamentarias e técnicas. Os beneficiarios son mozos desempregados inscritos no “Sistema Nacional de Garantía Xuvenil”, e o servizo a realizar ten un marcado interese xeral e social dado que se levarán actuacións de apoio ao instalador no ámbito de instalacións electricas nos que están implicados o noso sector. Por último sinalar a posibilidade que lles da ós mozos contratados de iniciarse no mercado laboral en funcións relacionadas có seu perfil profesional, e poder así obter unha experiencia laboral que lles permita no futuro optar a novas incorporacións no seu ámbito profesional.![]() | ![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |